Liceo Mutante

20:30
Pontevedra
Liceo Mutante

Fainos unha gran ilusión poder anunciar a visita deste dúo ao noso espazo, nun dos concertos máis fermosos, imaxinativos e sorprendentes que imos ter a sorte de ver.
No traballo de @ibon_rg e Garazi habitan o folk e a vangarda, a improvisación e a canción popular, conviven pasaxes de música contemporánea con melodías tradicionais, o canto a capella coa atonalidade.

Poñamos algo de contexto:
Bernat Etxepare era home do seu tempo, coñecedor da poesía cortesá transmitida polos trobadores e, sobre todo, consciente e optimista respecto ao futuro que a partir daquela tería a lingua vasca que el escribiu para ser impresa por primeira vez en 1545 no libro Linguae Vasconum Primitiae. Case cinco séculos máis tarde, IbonRG puxo música a todos os poemas do volume no impresionante disco Iaquin vahu.

Acompañado pola gran acordeonista Garazi Navas, traen a Galicia un traballo en que dinamita a liñalidade do tempo histórico e converte a obra de Extepare nunha extraña xeografía onde o risco, o rigor e unha imaxinación desbordante atravésano todo

Pedírase unha axuda entre 5 e 10 € destinada integramente a cubrir os gastos d@s músic@s.

🖍@bertofojo